15/12/10

O balance de Citizen2 para Ciconi@




Berta, Ana e Pilar, os pais de Álex M, Ramiro, Lucía e Javi e varios ciconios participamos onte da nosa primeira experiencia compartida de teatro contemporáneo.

De primeiras, unha sorpresa: a sala NASA. Pero non iamos ao teatro? Eis a diferencia: a cultura non gosta de se autolimitar, e mesmo a veces semella que foxe das casas de cultura.



De segundas: a obra. Sabiamos de que iba (o modelo empresarial Inditex, o cooperativismo, a globalización), pero talvez non esperabamos que unha representación teatral dun feito real poidese ser tan amena, tan cautivadora. Por enriba: a linguaxe escénica, o ritmo da obra, as interpretacións, a coreografía moderna, a mestura de elementos de audio e vídeo coa propia interpretación, a risa, a bágoa...

Finalmente: o coloquio. O reparto estivo case unha hora falando con nós. Da obra e a súa temática, de teatro contemporáneo. Un auténtico luxo que non sabemos como agradecer pero que nos amosa algo: a cultura está ó noso redor, preto, non miremos lonxe senón ó noso pé.

O que aprendimos: que imos facer documentais e curtas sobre unha realidade que nos preocupa e utilizando unha linguaxe non estereotipada, á nosa medida: somos aprendices pero sabemos mirar. Iso é o que imos aproveitar!

Sem comentários:

Enviar um comentário