26/12/11

24/06/11

Tutorial de Google Docs

Presentación elaborada polo alumnado de Ciconi@udiovisual como soporte para as aulas impartidas ao profesorado.

10/05/11

Ciconi@, emprendendo encontros: Burela, Boiro, Cabo Verde

Durante a mañá do 31 de maio recibiremos no instituto a un grupo de alumnado de Cabo Verde, rapaces cos que estamos a colaborar no noso estudo das migracións Ciconi@, e que ficarán con nós ata as 19:00h, aproximadamente.


Asemade, en colaboración con Arousa Norte, ofrecerémoslles a este alumnado un Campus Vivencial sobre Emprego e Emprendemento, proposta de sensibilización empresarial e intregración entre rapaces de Arousa Norte e de Burela. O obxectivo desta iniciativa é o de ofrecer un espazo de encontro entre mozos autóctonos e inmigrantes, coa finalidade de promover a integración e despertar o espírito emprendedor como paso previo á creación de empresas no futuro.


A xornada transcurrirá en diferentes paraxes da zona (Curota, Centro Arqueolóxico do Barbanza, Parque Natural de Corrubedo -actividades do Campus Vivencial-); xantaremos todos xuntos de campo (pregamos que enviedes bocadillos e talvez postres típicos do lugar, se fora posible) e teremos varias actividades deportivo-lúdicas, como partidos de fútbol, baloncesto ou volei-praia.


Informarémosvos no seu momento da hora final da actividade, e convidámosvos a vir buscar aos vosos fillos e así coñecer aos rapaces de Burela.


Aquí podedes ver o dossier da actividade para Arousa Norte (Campus Vivencial)


05/05/11

Crebinsky. Encontro con Enrique Otero


Un grupo de Ciconi@s aterraron hoxe en Compostela para ir ver Crebinsky, a longametraxe galega que vén de gañar catro premios Mestre Mateo e o premio ao mellor guión novel no Festival de Málaga.
Grande privilexio: á saída topáronse con Enrique Otero, o director do filme e puxéronse a destripar a peli de principio a fin...
NON FALEDES CON ELES e... ide véla!!
www.crebinsky.com