26/12/11

24/06/11

Tutorial de Google Docs

Presentación elaborada polo alumnado de Ciconi@udiovisual como soporte para as aulas impartidas ao profesorado.

10/05/11

Ciconi@, emprendendo encontros: Burela, Boiro, Cabo Verde

Durante a mañá do 31 de maio recibiremos no instituto a un grupo de alumnado de Cabo Verde, rapaces cos que estamos a colaborar no noso estudo das migracións Ciconi@, e que ficarán con nós ata as 19:00h, aproximadamente.


Asemade, en colaboración con Arousa Norte, ofrecerémoslles a este alumnado un Campus Vivencial sobre Emprego e Emprendemento, proposta de sensibilización empresarial e intregración entre rapaces de Arousa Norte e de Burela. O obxectivo desta iniciativa é o de ofrecer un espazo de encontro entre mozos autóctonos e inmigrantes, coa finalidade de promover a integración e despertar o espírito emprendedor como paso previo á creación de empresas no futuro.


A xornada transcurrirá en diferentes paraxes da zona (Curota, Centro Arqueolóxico do Barbanza, Parque Natural de Corrubedo -actividades do Campus Vivencial-); xantaremos todos xuntos de campo (pregamos que enviedes bocadillos e talvez postres típicos do lugar, se fora posible) e teremos varias actividades deportivo-lúdicas, como partidos de fútbol, baloncesto ou volei-praia.


Informarémosvos no seu momento da hora final da actividade, e convidámosvos a vir buscar aos vosos fillos e así coñecer aos rapaces de Burela.


Aquí podedes ver o dossier da actividade para Arousa Norte (Campus Vivencial)


05/05/11

Crebinsky. Encontro con Enrique Otero


Un grupo de Ciconi@s aterraron hoxe en Compostela para ir ver Crebinsky, a longametraxe galega que vén de gañar catro premios Mestre Mateo e o premio ao mellor guión novel no Festival de Málaga.
Grande privilexio: á saída topáronse con Enrique Otero, o director do filme e puxéronse a destripar a peli de principio a fin...
NON FALEDES CON ELES e... ide véla!!
www.crebinsky.com

28/03/11

Citizen completo. un maratonazo!! :D

Á marxe dos contidos, dos que falamos no Cachatronic, seguro que da forma aprendimos todos algo. O fundamental: como contar unha historia comprometida e controvertida sen que deixe de ser simpática e amena, interesante. E como utilizar tódolos recursos artísticos a man para contar, que é do que se trata. De saber contar...

21/03/11

Un "chouia" de árabe...

O venres 18 de marzo, os Ciconi@s tivemos a sorte de coñecer a un grupo de inmigrantes asentados na comarca do Barbanza (Portosín, Cabo de Cruz e Boiro, maioritariamente). Veñen do Senegal, de Marrocos e Bangladesh e levan entre 4 meses e 6 anos en España. Case todos teñen traballo e están moi a gusto entre nós, segundo nos explicaron nunha presentación moi divertida que fixeron nas súas linguas propias.
Mohamed, un marroquino que leva 3 anos en Boiro, quedou con nós ao final da xuntanza e ensinounos como se escribían os nosos nomes en árabe e algúns grafemas. Eis os tedes!

16/03/11

O ADN mitocondrial e as migracións Humanas



A información amósanos como é posible facer o seguimento da migración do Home dende Africa ao resto dos Continentes seguindo o ADN mitocondrial. Este ADN é herdado das nais.

Tamén relaciona este ADN con algunhas enfermidades.

É un texto interesante.

02/03/11

Técnicas de edición de vídeo

Botade un vistazo a estes links, onde veredes exemplos de técnicas coñecidas coma o slow motion, o time lapse...

Brincadeira: ClassikTv, unha páxina para editar pequenos clips e envialos a un amigo.

01/03/11

No se preocupe, un exemplo do que é a producción

Os recursos humanos na producción audiovisual (Docencia 2. Tomás Lijó)


Un programa para escribir guións. organizar ao persoal, as fases do traballo...
Podedes descargalo aquí. Se clicades en "other languages and systems", podedes seleccionar a lingua que queirades.

O proxecto

Recadando datos das familias

Se queredes que vos informemos por correo electrónico dos avances nos proxecto Ciconi@, das actividades... por favor, completade este formulario.

22/02/11

Tourettes e Instalación

Tomás Lijó, productor executivo destas curtas, virá o próximo martes 1 de marzo falarnos de como se organiza un grupo de rodaxe para que poidamos facer cousas "bunitas" coma estas.



As presentacións de ConTacto



Entramos en ConTacto!


Nova da Voz de Galicia relativa ao encontro coa ONGD de ConTacto o martes 15 de febreiro, ás 16:20h, no Centro Social de Boiro. A continuación desprazámonos á sé da ONGD, onde un cidadán marroquí e dous senegalenses nos espuxeron unhas presentacións relativas ás súas terras, culturas e costumes.

Sen apenas medios (unhas cadeiras que alguén cedeu á asociación, un proxector e portátil que prestou o concello) lograron achegarnos a unha realidade ben diferente á nosa e sensibilizarnos respecto á importancia de convivirmos harmonicamente e facer por coñecernos e axudarnos.

E todo con final doce: unha muller marroquí acudiu a despedirnos provista dun exquisito té e bolos marroquíes. Espero que a todos vos pasase coma min e se vos crease unha incómoda pero positiva sensación de que podemos facer moito máis do que facemos, e de que o imos facer!

21/02/11

Inmigración en Burela

Presentación elaborada polo IES Monte Castelo, Burela, para presentar no programa europeo Grundtvig o marco da inmigración en Burela
Forein inmigration galicia spain - IES Monte Castelo, Burela

16/02/11

O bum da inmigración remite



O censo de estranxeiros baixa tras sextuplicarse en 11 anos de continuas alzas
En galopante expansión desde mediados da década dos 90, o fenómeno da inmigración mostra inéditos síntomas de remisión, a falta de confirmar se se trata do comezo dunha tendencia regresiva ou ben dunha fochanca meramente conxuntural. Segundo datos definitivos que o Instituto Nacional de Estatística (INE) acaba de difundir, o 1 de xaneiro do 2010 vivían en Santiago de pleno dereito 4.111 estranxeiros, 153 menos que 365 días atrás, un retroceso parcial que terminou orixinando a primeira perda global de habitantes desde o 2003 nunha cidade ata entón afeita a que os favorables fluxos de traslados domiciliarios anulasen os seus negativos saldos vexetativos (nacidos menos mortos).
Lixeiramente superior ao 3,7%, devandito descenso puxo fin a unha serie consecutiva de 11 incrementos anuais, como se detalla na táboa de evolución impresa á dereita destas liñas. Do arranque de 1998 ao do 2009, a poboación foránea empadroada na capital aumentara sen cesar ata practicamente sextuplicarse, ascendendo en número desde os 712 ata os 4.264 individuos.
¿O motivo? Segundo os expertos, a orixe dese punto de inflexión probablemente radique na crise económica, que destrúe empregos e, polo tanto, disuade a potenciais emigrantes de establecerse no municipio co ánimo de atopar un posto de traballo, a máis diso forzar regresos á patria de quen xa dispuñan dun e perdérono. Con todo, tanto no conxunto de España como no da comunidade autónoma producíronse en paralelo a esa caída sendas evoluciones á alza da colonia exterior, do 1,7% nun caso e do 2,8 no outro.
Produto do citado bajón, o peso específico dos estranxeiros dentro da estrutura demográfica compostelá (94.824 residentes legais en global) quedou fixado agora nos 4,3 puntos porcentuais, nivel superior aos calculados para Ferrol (3,2) e Pontevedra (4,2), pero netamente inferior aos de Vigo (5,6), Lugo (5,5), Ourense (igual) e A Coruña (5). E ata menor ao que o INE acaba de atribuír ao veciño concello de Ames, un 5,9%.

Novas ferramentas 2.0. (Docencia PFAC 1. Xano Fernández)

Eis un enlace ao blog feito por Xano Fernández para presentar a escolma de ferramentas 2.0. coa que traballamos na primeira docencia do noso PFAC.
Invitámosvos a consultala porque hai cousas moi moi chulas!!

08/02/11

CELLSEA

Ediitor de vidio online . Os comañeiros Ramiro Carreño , Daniel Vazquez e Daniel Ozores
andubemos fuchicando neste editor, no que podes montar os videos, añadir audio...
Cabe destacar que é moi lento para a subida dos videos.

Editores de vídeo

VÍDEO TOOLBOX

Este programa de edición de vídeo online gratuito é bastante completo e doado de manexar. Permítenos cortar o vídeo, engadirlle subtítulos, convertir o vídeo, engadirlle unha pista de audio, engadirlle marca de auga, podes crear thumbnails e cortar a imaxe.

07/02/11

Fotos da emigración

Botádelle un ollo ás fotos da emigración que nos van chegando. Mirade que historias!!

Mapa das primeiras Migracións Humanas


Este mapa danos unha visión global das primeiras migracións humanas baseadas nos estudos de marcadores do ADN mitocondrial.

06/02/11

A orixe das migracións modernas

Conferencia de Arcadi Oliveres, economista español e un recoñecido activista pola xustiza social e a paz.



31/01/11

Un libro analiza a emigración galega a Arxentina a través da correspondencia entre nai e fillo


  • Unha familia e un océano de por medio» recibiu o Premio de Ensaio Manuel Murguía da Diputación da Coruña.
A correspondencia entre unha nai que nunca saíu do seu pobo en Galicia e o seu fillo emigrado a Mar de Prata converteuse nun libro que recibiu o Premio de Ensaio Manuel Murguía, que convoca a cada dous anos a Deputación da Coruña. Unha familia e un océano de por medio analiza a emigración galega en Arxentina a través deste intercambio epistolar e fotográfico e ofrece unha visión da emigración a través dos propios emigrantes.


Editado por Anthropos, o libro foi realizado pola historiadora arxentina María Liliana da Orden, que é doutora en Historia e profesora da Universidade Nacional de Mar do Prata. A obra pretende estudar a emigración galega da posguerra e conxuga as perspectivas históricas e antropolóxicas con datos sociolóxicos da época, todo con base nas cartas entre Dolores Porto, unha muller que nunca saíu de Fornelos de Montes (Pontevedra), e o seu fillo Manolo.


O intercambio de cartas empezou en 1952 e inclúen 40 textos que retratan non só o momento histórico que viviron os diferentes continentes, senón como afectou a emigración a esta familia, un xeito de destacar o punto de vista dos que non emigraron.

24/01/11

Bacteria del estómago da luz sobre migraciones humanas





Investigadores europeos secuencian o ADN da bacteria Helicobacter pylori que infecta o estómago dos humanos.
As diferenzas atopadas entre o ADN das bacterias en distintas zonas do mundo permiten deducir as rutas migratorias do Ser Humano.

18/01/11

Vente para Alemania Pepe

Atopei esta imaxe, que me fixo pensar en dúas cousas. 
Primeiro, nunha película que vin durante o Nadal: "Vente para Alemania, Pepe". Protagonizada por Alfredo Landa e Pepe Sacristán en 1971 e, a pesar dun certo gusto a "españolada", pareceume que retrata moi ben a situación dos emigrantes españois desta época en Alemania. Aí vos vai un cachiño...

 Segundo: hai uns días, o xoves pasado, vindo no coche cara Boiro, escoitei en Ondacero no programa de Herrera en la onda testemuñas de españois emigrados aló. Non se pode insertar o podcast mais podemos escoitalo nesta páxina. Estarasea repetir a historia, a nosa historia?

10/01/11

La travesía del hombre


Mercamos un DVD no que o investigador Spencer Wells fai unha viaxe ao pasado, axudándose da xenética, para reconstruir as rutas migratorias da nosa especie desde a súa saída de África