
Nova da Voz de Galicia relativa ao encontro coa ONGD de ConTacto o martes 15 de febreiro, ás 16:20h, no Centro Social de Boiro. A continuación desprazámonos á sé da ONGD, onde un cidadán marroquí e dous senegalenses nos espuxeron unhas presentacións relativas ás súas terras, culturas e costumes.
Sen apenas medios (unhas cadeiras que alguén cedeu á asociación, un proxector e portátil que prestou o concello) lograron achegarnos a unha realidade ben diferente á nosa e sensibilizarnos respecto á importancia de convivirmos harmonicamente e facer por coñecernos e axudarnos.
E todo con final doce: unha muller marroquí acudiu a despedirnos provista dun exquisito té e bolos marroquíes. Espero que a todos vos pasase coma min e se vos crease unha incómoda pero positiva sensación de que podemos facer moito máis do que facemos, e de que o imos facer!
Sem comentários:
Enviar um comentário