
Moreiras estréase hoxe no Ciconi@ falándovos do seu instituto, o IES Monte Castelo de Burela. A realidade alí é ben diferente da de Boiro; nas aulas de 1º da ESO, perto do 50% do alumnado é inmigrante, fundamentalmente dende as illas de Cabo Verde. Por todo isto teñen moitos programas de colaboración, un deles con ACCVE, Asociación de colabroación con Cabo Verde. Estiven no instituto en setembro, investigando como integran nas aulas a tantos rapaces de fóra, e gustoume verificar que todo segue como cando eu fun alumna: en perfecta harmonía.
Sem comentários:
Enviar um comentário