O venres 18 de marzo, os Ciconi@s tivemos a sorte de coñecer a un grupo de inmigrantes asentados na comarca do Barbanza (Portosín, Cabo de Cruz e Boiro, maioritariamente). Veñen do Senegal, de Marrocos e Bangladesh e levan entre 4 meses e 6 anos en España. Case todos teñen traballo e están moi a gusto entre nós, segundo nos explicaron nunha presentación moi divertida que fixeron nas súas linguas propias.
Mohamed, un marroquino que leva 3 anos en Boiro, quedou con nós ao final da xuntanza e ensinounos como se escribían os nosos nomes en árabe e algúns grafemas. Eis os tedes!