10/05/11

Ciconi@, emprendendo encontros: Burela, Boiro, Cabo Verde

Durante a mañá do 31 de maio recibiremos no instituto a un grupo de alumnado de Cabo Verde, rapaces cos que estamos a colaborar no noso estudo das migracións Ciconi@, e que ficarán con nós ata as 19:00h, aproximadamente.


Asemade, en colaboración con Arousa Norte, ofrecerémoslles a este alumnado un Campus Vivencial sobre Emprego e Emprendemento, proposta de sensibilización empresarial e intregración entre rapaces de Arousa Norte e de Burela. O obxectivo desta iniciativa é o de ofrecer un espazo de encontro entre mozos autóctonos e inmigrantes, coa finalidade de promover a integración e despertar o espírito emprendedor como paso previo á creación de empresas no futuro.


A xornada transcurrirá en diferentes paraxes da zona (Curota, Centro Arqueolóxico do Barbanza, Parque Natural de Corrubedo -actividades do Campus Vivencial-); xantaremos todos xuntos de campo (pregamos que enviedes bocadillos e talvez postres típicos do lugar, se fora posible) e teremos varias actividades deportivo-lúdicas, como partidos de fútbol, baloncesto ou volei-praia.


Informarémosvos no seu momento da hora final da actividade, e convidámosvos a vir buscar aos vosos fillos e así coñecer aos rapaces de Burela.


Aquí podedes ver o dossier da actividade para Arousa Norte (Campus Vivencial)


05/05/11

Crebinsky. Encontro con Enrique Otero


Un grupo de Ciconi@s aterraron hoxe en Compostela para ir ver Crebinsky, a longametraxe galega que vén de gañar catro premios Mestre Mateo e o premio ao mellor guión novel no Festival de Málaga.
Grande privilexio: á saída topáronse con Enrique Otero, o director do filme e puxéronse a destripar a peli de principio a fin...
NON FALEDES CON ELES e... ide véla!!
www.crebinsky.com

28/03/11

Citizen completo. un maratonazo!! :D

Á marxe dos contidos, dos que falamos no Cachatronic, seguro que da forma aprendimos todos algo. O fundamental: como contar unha historia comprometida e controvertida sen que deixe de ser simpática e amena, interesante. E como utilizar tódolos recursos artísticos a man para contar, que é do que se trata. De saber contar...

21/03/11

Un "chouia" de árabe...

O venres 18 de marzo, os Ciconi@s tivemos a sorte de coñecer a un grupo de inmigrantes asentados na comarca do Barbanza (Portosín, Cabo de Cruz e Boiro, maioritariamente). Veñen do Senegal, de Marrocos e Bangladesh e levan entre 4 meses e 6 anos en España. Case todos teñen traballo e están moi a gusto entre nós, segundo nos explicaron nunha presentación moi divertida que fixeron nas súas linguas propias.
Mohamed, un marroquino que leva 3 anos en Boiro, quedou con nós ao final da xuntanza e ensinounos como se escribían os nosos nomes en árabe e algúns grafemas. Eis os tedes!

16/03/11

O ADN mitocondrial e as migracións Humanas



A información amósanos como é posible facer o seguimento da migración do Home dende Africa ao resto dos Continentes seguindo o ADN mitocondrial. Este ADN é herdado das nais.

Tamén relaciona este ADN con algunhas enfermidades.

É un texto interesante.