Mostrar mensagens com a etiqueta audiovisual. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta audiovisual. Mostrar todas as mensagens
05/05/11
Crebinsky. Encontro con Enrique Otero
Un grupo de Ciconi@s aterraron hoxe en Compostela para ir ver Crebinsky, a longametraxe galega que vén de gañar catro premios Mestre Mateo e o premio ao mellor guión novel no Festival de Málaga.
Grande privilexio: á saída topáronse con Enrique Otero, o director do filme e puxéronse a destripar a peli de principio a fin...
NON FALEDES CON ELES e... ide véla!!
www.crebinsky.com
28/03/11
Citizen completo. un maratonazo!! :D
Á marxe dos contidos, dos que falamos no Cachatronic, seguro que da forma aprendimos todos algo. O fundamental: como contar unha historia comprometida e controvertida sen que deixe de ser simpática e amena, interesante. E como utilizar tódolos recursos artísticos a man para contar, que é do que se trata. De saber contar...
02/03/11
Técnicas de edición de vídeo
Botade un vistazo a estes links, onde veredes exemplos de técnicas coñecidas coma o slow motion, o time lapse...
Brincadeira: ClassikTv, unha páxina para editar pequenos clips e envialos a un amigo.
22/02/11
Tourettes e Instalación
Tomás Lijó, productor executivo destas curtas, virá o próximo martes 1 de marzo falarnos de como se organiza un grupo de rodaxe para que poidamos facer cousas "bunitas" coma estas.
19/12/10
14/12/10
Citizen2: todos ó teatro!
Esta noite os Ciconios da Cachada imos ó teatro da NASA a ver Citizen2. Esta obra forma parte dunha triloxía que lanzou a compañía Chévere esta tempada. A obra, ambientada na Galicia dos anos oitenta, remeda a figura do Citizen Kane de Orson Welles, e narra as orixes dun empresario téxtil, “A.O.”, quen levará a súa industria a ser un verdadeiro imperio internacional, mesmo a costa do traballo de miles de mulleres precariamente organizadas en cooperativas.
Trátase dunha peza de teatro contemporáneo que entronca co noso proxecto Ciconi@ no que á súa dramatización atinxe, pois tendo en mente a elaboración dunha curta a final de curso, o traballo de director e actores da obra é un excelente e innovador exemplo. No que a contidos se refire, Citizen trata das controversias propias dunha sociedade globalizadora e capitalista en conflito, tema que non só se debe cultivar transversalmente, senón que tén presencia física nos contidos da Programación de Tecnoloxía (Bloques de “O Proceso Industrial” e a “Historia da Tecnoloxía”).
En orde a comezar unha colaboración coa compañía Chévere (a traveso da súa páxina RedeNasa.TV), a Dirección do teatro organízanos unha pequena charla-coloquio ao fin da mesma, entre o reparto da obra (Patricia de Lorenzo, Mónica García, Miguel de Lira), vós e os pais.
A semana pasada, para ir ambientándonos neste tipo de propostas alternativas, pasamos durante a hora de comer o filme “Dogville”, produción audiovisual de Lars von Trier do ano 2003.
Hoxe, en clase, falamos dos temas clave desta obra no que a Tecnoloxía atinxe: sociedades empresariais (S.A., S.L., Cooperativismo), traballo en cadea, globalización e ética do traballo, filosofía Just in Time...
Subscrever:
Mensagens (Atom)